Festival Cortapega IV -30/11/19-

FB_IMG_1571786090459

Primeiro avance de cartel da sexta edición de CortaPega, que chega a Santiago de Compostela o próximo 30 de novembro. Unha nova cita coa electrónica máis ecléctica e vangardista, na que seguimos apostando polos formatos live e artistas emerxentes, con especial atención ós proxectos creados en Galicia. Co obxectivo de ofrecer un cartel composto por propostas variadas que debuxen unha idea global da música electrónica, contamos con artistas cargados de multitude de influencias e inquietudes que plasman na súa obra a visión propia de quen se acerca a un estilo e precisa expresarse a través dos elementos tradicionalmente asociados a este máis alá de etiquetas. Como novidade, o festival desenvolveráse en distintos espazos que iremos presentando nas próximas semanas. Xa están á venda as entradas xerais coas que acceder a todos os espazos do festival e próximamente habilitaranse entradas específicas. O prezo é de 15€ e xa se poden adquirir en Entradium e A Reixa Tenda. O prezo en billeteira da entrada xeral será de 18€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *