/Desconcierto Cultural/Festival de música electrónica CORTAPEGA -20/10/18-

FB_IMG_1537831664507

📡 Este é o cartel do Festival CortaPega V e a sua aposta pola música electrónica e de vangarda 🚀

Un cartel cargado de propostas heteroxéneas coas que reivindicar a riqueza de estilos que ofrece a música electrónica como concepto e dando un claro protagonismo a formatos live buscan e poñer en valor un cartel ecléctico e vangardista.

Con nós estarán o norteamericano Container, e o seu techno de alto voltaxe; o rotundo directo de Músculo!; o intenso live de Huma , que contará con unha proposta visual especial para a ocasión a cargo de Interruptor; a electrónica de corte melódico sin renunciar á experimentación de Boneco; Allova, un proxecto que parte da música clásica e o jazz para adentrarse nos terreos do trip-hop; e o dj set de Sutan, que nos fará voar entre pezas de techno ambiental e house espacial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *