17-12-2016

tropicalbrutal

Este sábado 17 de decembro volve a música electrónica á Malatesta co Tropical Brutal vol.II

TROPICAL BRUTAL é un escaparate da música ELECTRÓNICA baseada en ritmos tradicionais de África e América Latina, alén das Roland 808 e os bombos a 4.

Dj Bigote Mix e Pablo Electrocute dan vida a este novo proxecto para amosarnos, dende a pista de baile, o reverso tenebroso dos ritmos das orquestras que secuestraron Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *